xoves, 23 de outubro de 2025

Gravel: nova disciplina de ciclismo xa asentada no Noitebra FC

Desde hai unhas tempadas, ademais de ciclismo de estrada, ciclocrós e BTT, é habitual ver aos nosos nunhas bicis raras circulando pola estrada, por camiños ou polo monte. Trátase da modalidade de gravel, que está a comezar a medrar nos últimos anos en España e Galicia.

mércores, 22 de outubro de 2025

O Noitebra na campaña municipa "Ficha polo Galego"


 
 
O Noitebra xa hai moito tempo que fichou polo galego. 
E vós, fichades polo galego? 
Sumádevos!  
 

domingo, 19 de outubro de 2025

Novo presidente, nova xunta directiva no Noitebra F.C.

 
O pasado 11 de setembro, logo da Asemblea Extraordinaria do Noitebra F.C., resultou nomeado presidente Martín Rodríguez Gómez, coñecido como “Fleky”, e que conta cunha dilatada traxectoria no club, ademais de ser un dos inspiradores da sección de atletismo do club.

Ese mesmo día compoñeríase a nova Xunta Directiva, recentemente rexistrada na Secretaría Xeral para o Deporte:

martes, 2 de setembro de 2025

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria do Club- Elección de presidencia (11-09-2025)

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO NOITEBRA FÚTBOL CLUB

 

Segundo o artigo 12 apartado c) dos estatutos do Noitebra Fútbol Club, procédese a convocar a unha Asemblea Extraordinaria a todos os seus socios e socias que ata o día da celebración da Asemblea teñan satisfeito a cota do seu abono correspondente ao ano 2025, co seguinte único punto a tratar:

·         Elección de novo presidente/a do Noitebra F.C.

 

Día: xoves 11 de setembro de 2025.


Hora:  20:30 h. en 1ª convocatoria; 21:00 h. en 2ª convocatoria.

Lugar: Rúa Camiño Real, nº 104-Baixo, Angrois.

 

A presidencia en funcións do Noitebra F.C.

 

Santiago de Compostela,  2 de setembro de 2025

Patrocinadores

Arquivo